Saturday 04 de May de 2024

Axenda festivo e fin de semana en Cariño


Xoves 8 de decembro

II MERCADO DE NADAL

Organizado pola Asociación ComCariño.

Xoves 8 de decembro, de 11 a 21 horas, no Mercado Municipal.

Participan os comercios: Atmósfera Sport, Bamby, Dkora, DyM, O Xardín e Super Azucena. Tamén contará cun posto solidario coa comunidade ucraina.

Domingo 11 de decembro

CORAL POLIFÓNICA ‘EL ECO’

Celebrando o seu 140 aniversario.

Domingo 11 de decembro, ás 19 horas, no Auditorio Municipal. Entrada de balde.

Patrocinado por Cultura da Deputación da Coruña.

O fío conductor do programa de este concerto de aniversario é unha homenaxe á súa historia, interpretando obras compostas ou arregladas por algúns dos seus directores, e outros músicos que mantiveron relacións coa coral. O programa, (salvo unha propina prevista) é exclusivamente de polifonía galega, pois foi este xénero o que abriu a historia de El Eco, e ao que na actualidade estamos dispostos a dar o lugar que se merece na música coral.